En conmemoración do Día Internacional das Reservas da Biosfera, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo organiza unha xornada de difusión sobre os proxectos levados a cabo nestes 10 anos, entre eles o de Cooperación Leader 'Conectando Biodiversidade'.
Será o venres, 3 de novembro, no Salón de Actos do Centro de Investigación Agrario de Mabegondo, a partir das 9:30 horas.
Durante a sesión, falarase de cuestións como A actividade nesta década como Reserva da Biosfera.Os estudos realizados dentro do proxecto 'Conectando Bdiversidade'.
Boas prácticas de conservación na #Reserva. Proxectos de futuro da #Reserva.
As persoas interesadas pódense inscribir a través da ligazón: https://docs.google.com/.../1FAIpQLSeDtKjq0OoeMo.../viewform
Para rematar a xornada haberá petiscos.