Tras as dúbidas xurdidas e consultas efectuadas por parte de potenciais emprendedores, candidatos e cesionarios das instalacións, redactase a presente emenda ás bases da convocatoria respecto da natureza da tipoloxía de actividades admitidas a desenvolver:
Substitúese a denominación “Transformación Agroalimentaria” por “Industria Agroalimentaria”, ampliando deste xeito o abano de actividades admisibles de acordo á lexislación vixente.
Dito cambio afecta tanto ao propio título das bases, quedando do seguinte xeito: BASES PARA A CONVOCATORIA PARA A CESIÓN DE VIVEIRO DE INDUSTRIAS AGROALIMENTARIAS NA PARROQUIA DE IÑÁS (CONCELLO DE OLEIROS), como ao seus contidos referentes ás actividades admitidas como candidatas á desenvolver nas instalacións cedidas.
PREME AQUÍ PARA DESCARGAR A EMENDA: