A saramaganta ou píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica) é un anfibio da familia Salamandridae, endémico do noroeste da Península Ibérica, que foi escollida como Especie do Ano 2015 na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (MCeTM).
Actividade organizada pola Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (entidade xestora: Asociación Mariñas Betanzos) e o Grupo Naturalista Hábitat., coa axuda do Programa INICIATIVA XOVE da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
Para facer un pouco máis accesible esta especie tan descoñecida, temos elaborado UN TRÍPTICO divulgativo, así como a web http://saramaganta.weebly.com, onde recompilar e poner a disposición do público información sobre esta especie.
Tamén iniciamos una campaña de recollida de datos, tanto históricos como actuais, polo que se coñeces algunha cita de saramaganta en Galicia, pregamos que cubras esta ficha e nola fagas chegar por mail ou correo postal.Por último, estamos a organizar unha xornada divulgativa sobre esta especie para el próximo 3 de outubro de 2015, da que informaremos próximamente.