Volver a noticias

Firma do Convenio coa Deputación da Coruña, para desenvolver o Programa «Emprende na Biosfera».

14/1/2022

Este programa ten un ano de duración, e ten como obxectivo a posta en marcha de iniciativas emprendedoras na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, apostando pola creación de emprego e a fixación de poboación no rural, contando co apoio da Deputación da Coruña

Trátase de acompañar e titorizar a diferentes iniciativas emprendedoras, prestando asesoramento técnico e formación específica, e axudando en todo momento para que as persoas participantes poidan quedarse a vivir e a traballar no rural.

Para ter máis información sobre o Programa «Emprende na Biosfera» poden poñerse en contacto co equipo técnico da Asociación Mariñas-Betanzos.

Firmando o Convenio o Deputado Luis García García eo Presidente da Asociación Mariñas-Betanzos, acompañado polo Vicepresidente de dicha Asociación Cesar longo Queijo.