No grupo participaron a cooperativa Horsal, aFundación Juana de Vega, o Laboratorio Territorial e a Asociación deDesenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.
O pasado 5 de novembro celebrouse en Fonteboaa primeira reunión do grupo operativo Go Terraactiva, que ten como finalidadeestudar e apoiar iniciativas de aproveitamento do mundo rural por parte daspersoas que non proceden del. Trátase de emprendedores ou empregados que optanpor incorporarse profesionalmente a proxectos empresariais agrarios.
No grupo coordinado por Fonteboa participarona cooperativa Horsal, a Fundación Juana de Vega, o Laboratorio Territorial (daUniversidade de Santiago) e a Asociación de Desenvolvemento RuralMariñas-Betanzos.
Nos próximos dous anos traballarán na procurade terreos que poidan servir para poñer en marcha iniciativas de produciónagrícola e gandeira adaptadas ás potencialidades do mundo rural, a través dunhaplataforma SIX (sistema de información xeográfica). O financiamento do grupoprocede da Asociación Europea de Innovación.