Volver a noticias

GALA FINAL DO PROGRAMA EDUCACIÓN AMBIENTAL » EDUCANDO NA BIOSFERA» DA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO.

14/1/2022

Na Casa da Cultura ‘Pintor Lloréns’ do Concello de Sada, tivo lugar a gala final doutra edición máis do programa de educación #ambiental ‘Educando na Biosfera’ da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo ? polo que se formaron durante todo o ano un total de 1.044 alumnos dos diferentes centros educativos do municipio sadense.

Ao acto final asistiron os máis de 300 escolares dos centros educativos sadenses, que realizaron diferentes traballos prácticos sobre temáticas como a recollida de refugallos, As Brañas de Sada, especies invasoras, o ciclo da #auga, coidado dos animais domésticos, etc.