Volver a noticias

GUÍA DE APOIO ANTE A CRISE HUMANITARIA EN UCRAÍNA

11/4/2022

O pasado 15 de marzo, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas celebrou no Edificio SocioCultural da Senra (Bergondo), unha reunión de coordinación na que participou o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a Coordinadora de Organizacións para o Desenvolvemento, Cruz Vermella, así como Ecos do Sur, dirixida aos Alcaldes dos 17 concellos da Reserva de Biosfera, membros da Asociación Mariñas-Betanzos, empresariado da Marca de Calidade de Mariñas Coruñesas, e ao público en xeral interesado en coñecer as últimas novas ao respecto nese momento, para actuar desde o territorio de maneira coordinada ante adita crise humanitaria.

O obxectivo principal desta Guía da Reserva de Biosfera é difundir información veraz actualizada en cada momento, da man da colaboración de diversas administracións e entidades expertas neste tipo de conflictos, e coordinarnos no territorio da Reserva de Biosfera para abordar a grave crise humanitaria derivada do conflito en Ucraína e analizar as posibles vías de colaboración.

Guia de apoio ante a crise humanitaria en Ucraína