Volver a noticias

HOMOLOGACIÓN ANTE O COVID-19 PARA OS RESTAURANTES E PRODUTORES DA RESERVA DA BIOSFERA

14/1/2022

A Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo decidiu reformular o seu Plan de Actuación Turística á realidade poscovid-19. Por iso, homologará, concursos de formación aos restaurantes e aos produtores da entidade, nas medidas de seguridade na emerxencia sanitaria. Isto conseguirase grazas a que a entidade obtivo o selo Sicted (Destino de Calidade Turística) a nivel estatal.

O presidente da Reserva, José Antonio Santiso, así como o técnico de Turismo, Diego López, avanzaron o venres 5 de maio as novas accións encamiñadas a situar este territorio como un destino atractivo nun momento no que a mobilidade se prevé que quede limitada e as vacacións se reformulen. Entre as novidades para atraer clientes estará promover experiencias turísticas no territorio (agroturismo, o roteiro do impresionismo, roteiros de ornitoloxía, centros de interpretación do territorio e o centro histórico de Betanzos), unha nova web e a aposta polo ecoturismo, xa que estiman que o futuro pasará pola procura de destinos «verdes, seguros e sostibles» segundo apuntou López, que tamén anunciou a aposta por envases biodegradables para a comida a domicilio e menús accesibles desde o móbil, nesta mesma liña de actuación.

PINCHA AQUÍ:https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2020/05/08/homologacion-ante-covid-19-restaurantes-productores-reserva-da-biosfera/00031588932560020671457.htm#