Volver a noticias

II Maratón Ornitolóxica da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

14/1/2022

Actividade lúdica que consiste en identificar por equipos o maior número posible de especies de aves silvestres dentro de cada un dos municipios da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” e A Coruña nun tempo determinado.

O obxectivo é achegar o avistamento e a identificación de aves ao público xeral, e poñen en valor os atractivos naturais da Reserva da Biosfera.

Data: 16 de maio de 2015

Horario: período de observación de 00:00 h a 18:00 h, tendo que estar ás 19:00 h na aula da Natureza de Crendes (Abegondo), para o reconto de puntos e entrega de premios.

Lugar: concellos da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” e A Coruña.

Organiza: Grupo Naturalista Hábitat / G. D. R. “Mariñas-Betanzos”.

Inscricións: Ata o 13 de maio no Grupo Naturalista Habitat: gnhabitat@yahoo.es e/ou 981 135 014

Descarga as bases no seguinte enlace:

BASES