A tematización da Ría do Burgo, está enmarcada dentro do Proxecto de Sinalización da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, derivado do Convenio entre o Consorcio As Mariñas, entidade pertencente ó Órgano de Dirección da Reserva, e o Organismo Autónomo de Parques Nacionais, entidade que coordina a Rede Española de Reservas da Biosfera.
Trátase de tematizar o Paseo da Ría do Burgo, coa creación dunha Ruta Ornitolóxica que discorre polos concellos de Cambre, Culleredo e Oleiros.
Obxectivos:
– Visibilizar a declaración da UNESCO a este territorio, como Reserva Mundial da Biosfera.
– Dar a coñecer a gran biodiversidade ornitolóxica existente na zona, así como os principias procesos ecolóxicos que ocorren na ría.
– Responder ó crecente interese, por boa parte da sociedade, de actividades que faciliten un maior contacto coa natureza.
– Fomentar o ecoturismo dentro da Reserva de Biosfera, co obxectivo de dinamizar turísticamente a zona.
– Sensibilizar medioambientalmente á sociedade.
– Utilizar a Reserva de Biosfera como fonte de aprendizaxe e lugar para as investigacións científicas.
DATA: VENRES 30 DE XANEIRO DE 2015
HORA: 12.30 H.
LUGAR: PASEO DA RÍA DO BURGO