Volver a noticias

Intercambio de experiencias LEADER on- line ALIMENTOS DA BIOSFERA

14/1/2022

O pasado día 6 de maio de 2020 tivo lugar o Intercambio de Experiencias LEADER “Alimentos da Biosfera”, celebrado on- line. Co obxectivo de dar continuidade ás actuacións incluídas no
marco de actuación da RRN, ponse en marcha o primeiro intercambio de experiencias
LEADER entre os Grupos de Acción Local, a través das plataformas dixitais. As
Reservas da Biosfera son territorios designados pola UNESCO no marco do
Programa “Persoa e Biosfera”, comprometidos coa conservación ambiental e o
desenvolvemento sostible. En España, a Rede Española de Reservas da Biosfera
está integrada por un total de 49 reservas, o que representa o 11% da
superficie nacional. As Reservas da Biosfera constitúense como territorios cun
gran potencial para desenvolver estratexias de alimentación sostible, así como
a produción, transformación e consumo de produtos locais na súa área de
influencia.

A marca «Reservas da Biosfera Españolas» destaca e diferencia aqueles produtos naturais e artesanais dos territorios recoñecidos como Reservas da Biosfera e aqueles produtos elaborados e/ou servizos de empresas dadas de alta nalgún dos municipios que pertencen ás Reservas e que contribúan a unha ou máis das funcións básicas que deben cumprir as Reservas da Biosfera (conservación, desenvolvemento e apoio loxístico), así como que estean de acordo co plan de xestión da correspondente Reserva da Biosfera, respectando así as singularidades de cada unha delas. Para máis información sobre a marca e as Reservas de Biosfera, poden consultar a web do Organismo Autónomo Parques Nacionais, que son a Secretaría do Comité Español do Programa MAB. http://rerb.oapn.es/marca-reservas-de-la-biosfera-espanolas

Podedes acceder a documentación a través do seguinte enlace: http://www.redruralnacional.es/-/intercambio-de-experiencias-leader-alimentos-de-la-biosfera-red-para-la-promocion-de-circuitos-cortos-alimentarios-asociados-a-la-marca-reservas-de-la