Volver a noticias

IV MOSTRA DE VIÑOS DA TERRA E PRODUTOS DAS MARIÑAS

14/1/2022

Os días 17 e 18 de setembro celebrarase na Praza dos Irmáns García Naveira (concello de Betanzos) a 4ª Edición deste evento, que pretende ser o escaparate dos produtos agroalimentarios de calidade que se están a producir nos 17 concellos que conforman a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Neste evento haberá actividades diversas, como visitas guiadas, talleres de degustación, así como obradoiros de elaboración de produtos artesáns

Os dous días da Mostra, haberá Bonos degustación, animación musical, polbo á feira e nos acompañará o autobús de Granjas Campomayor, no cal se cociñarán diversos pratos con produtos do territorio declarado Reserva de Biosfera.

Nesta Mostra participan cinco adegas adheridas a I.X.P. “Viño da Terra de Betanzos”: Adegas Bescansa, Adega Codeseira, Bodegas Rilo, Casa Beade e Conexión Mandeo. Poderás mercar produtos de: Daterra, Olor y sabor, Granxas de Lousada, Panadería Da Cunha,  Asociación de Queixeiras de Abegondo, Bico de Xeado, A Despensa das Abellas, As Camposeiras, Bandúa. Cervexa Artesá, Bico de Xeado, Cerveza Artabria, Lutega, Lúpulo Gallego, Lola Puñales, Orballo, Produtos Vía Láctea, Casa do Queixo, Queixería o Brexeo, Vangandr, Frutas Geixade e Plantas de Piadela.

Este ano contaremos coa cociñeira Estrella Michelín, Beatriz Sotelo (Restaurante A Estación de Cambre) e coa sumiller Sonia Molero para coñecer e degustar as posibilidades do maridaxe e dos produtos do territorio.

Descarga o programa para máis información:

PROGRAMA