Co obxectivo de fomentar as iniciativas de protección do territorio, a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas Betanzos, xunto coa Fundación Fragas do Mandeo, organiza a IV Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, na que se desenvolverán conferencias e accións de voluntariado ambiental, entre os días 19 e 27 de setembro de 2015.
Esta cuarta edición ten como fin que a cidadanía coñeza a ameaza das especies exóticas invasoras, consideradas como unha das principais causas de perda de biodiversidade no planeta. O obxectivo é sentar as bases dunha estratexia que permita abordar este grave problema na reserva da biosfera, mostrando as características das especies ás que nos enfrontamos, os impactos que están causando e os métodos para eliminalas. Para elo contaremos con expertos na materia e con técnicos das administracións locais con experiencia na súa erradicación.
Envia a folla de inscrición que tes no Programa cos teus datos a info@marinasbetanzos.gal
Máis información no 981 669 541
Preme no seguinte enlace para descargar o programa coas actividades detalladas:PROGRAMA