As Mariñas Coruñesas presentou en FITUR, Feira Internacional de Turismo, en Madrid, a súa oferta de ecoturismo no territorio.
Interviron o presidente, José Antonio Santiso, a alcaldesa de Betanzos, María Barral, o delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, e José Garrote, secretario do GALP. Tamén asistiron o vicepresidente, César Longo, e o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo.
Tras asumir a xestión do xeodestino a Reserva presentou en Madrid a súa oferta de turismo sostible baseado nos circuitos locais que dinamizan o medio rural.
As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo será o primeiro destino de ecoturismo certificado en Galicia.