Ante a crise sanitaria e socioeconómica que representa o Covid-19, preséntanse multitudes de retos, incógnitas e dificultades para as diferentes actividades económicas, como son os produtores agroalimentarios e o sector da restauración.
A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” desenvolverá no mes de maio dous cursos de formación online, dirixidos aos operadores agroalimentarios e ao sector da restauración, co obxectivo de capacitar a estas persoas na correcta manipulación dos alimentos, evitando as contaminacións por Covid-19, e garantindo que estas actividades e produtos se ofrecen con todas as medidas de seguridade e saúde.
Moitos productores da Marca “Reserva de Biosfera” están comezando a facer venda directa ao consumidor, derivada desta nova situación de confinamento.
A duración de cada un dos cursos é de 5 horas de formación online, 10 horas en total, así como máis de 10 horas de titorías para resolver todas as dúbidas e dar resposta a todas as cuestións poidan xurdir e que se lle presenten no “día a día” das persoas participantes.
Para as inscricións é necesario que nos envíen un correo coa seguinte información: