Volver a noticias

La Reserva de la Biosfera recibe una subvención para su proyecto de comedores escolares ecológicos y prevé llegar a más centros del área y de la ciudad y a más productor

14/1/2022

A iniciativa logrou unha subvención de 57.000 euros da Fundación Daniel & Nina Carasso para financiar o proxecto EcoComedores da Biosfera, “ferramenta para un cambio social, animando ao consumo de produtos ecolóxicos de tempada e proximidade en centros escolares”, detalla na resolución da axuda a entidade, que fomenta o desenvolvemento de “sistemas alimentarios máis sostibles”, explica Blanco.

O obxectivo da Reserva chegar aos vinte centros educativos adheridos ao proxecto de comedores ecolóxicos en dous anos —na actualidade son doce— e a unha ducia de produtores, dos seis que participan na actualidade. Pretenden comezar por escolas infantís da Coruña. Blanco asegura que o crecemento desta iniciativa retardouse pola pandemia pero recibira moi boa acollida por parte do departamento de Educación do Concello coruñés. Celebra, ademais, contar na cidade cunha dos seus principais aliadas, unha pioneira na defensa dos menús ecolóxicos nos centros docentes: a directora da escola infantil A Buguina, Beatriz Ferreira.

O beneficio máis inmediato e visible no cambio aos menús ecolóxicos e de proximidade plásmase na alimentación dos nenos.

Seis anos de revolución a lume lento
A aposta da reserva da biosfera por mellorar a alimentación dos escolares á vez que promove o emprego rural comezou en 2014. Desde entón, apoiada pola reserva da biosfera e o Grupo de Desenvolvemento Rural ( GDR), a entidade supramunicipal ha promovido a formación e o emprendemento no sector e a alianza entre os comedores de centros docentes e os produtores ecolóxicos de proximidade.

Por agora, centros da Coruña, Carral, Oza-Cesuras, Cambre, Sada, Oleiros e Abegondo sumáronse.

PINCHA AQUÍ: https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2020/12/13/cambiar-sistema-plato-26244401.html