O vindeiro venres, 11 de xuño, terá lugar a III Xornada de Mulleres Relevantes na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, organizada polo CEIDA e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, adicada este ano á figura de María Casares, A actividade, que terá carácter online, pretende promover o coñecemento das figuras femininas relevantes do territorio, e poñer en valor o patrimonio cultural e histórico da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Contará coa participación da escritora especialista na figura de María Casares, María Lopo; e a actriz Mabel Rivera, grande coñecedora da artista e da súa obra.
Programa completo e inscricións en: http://www.ceida.org/gl/formacion-gl/maria-casares-a-muller-rebelde-iii-xornada-mulleres-relevantes-da-reserva-da-biosfera