Volver a noticias

Mariñas Coruñesas lanza dous paquetes de escapadas de tres noites pola comarca

14/1/2022

A primeira inclúe sendeirismo, ver aves e durmir nunha burbulla astronómica

Tres noites durmindo nunha burbulla astronómica, un itinerario pola costa de Dexo en Oleiros, expedicións ornitolóxicas pola ría de Betanzos, un paseo en barco pola ría e menús con produtos da biosfera, compoñen o paquete turístico de setembro que acaba de lanzar a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo co fin de fomentar nesta comarca o ecoturismo a nivel estatal.

Este ano 2021 teñen concretadas dúas escapadas, a de setembro e en outubro una de sendeirismo pola Espenuca, con visita a plantacións de té ecolóxico, un roteiro polo monte Xalo, visita ao mosteiro de Sobrado e a Ciadella. Estas dúas experiencias turísticas son comercializadas tamén por unha axencia da zona da Reserva, en Carral.

A Reserva de Biosfera tamén destacou que os campamentos astronómicos Albarari en Oleiros e en Sanxenxo acaban de recibir a certificación da Fundación Starlight, que recoñecen a súa faceta divulgativa sobre a astronomía nas súas burbullas-hotel.

A Biosfera pretende ofertar paquetes de escapadas turísticas no verán e no outono. A Reserva actualmente está a impartir formación aos empresarios turísticos da zona para capacitar en calidade e sustentabilidade pero tamén para impulsar novas propostas e experiencias en ecoturismo para o territorio para incluír o próximo ano no Club de Ecoturismo de España.