Volver a noticias

MARIÑAS CORUÑESAS LEVA A BARCELONA A SÚA OFERTA DE ECOTURISMO COA DEPUTACIÓN

14/1/2022

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo continúa na súa aposta por cultivar “relevancia a nivel turístico nos grandes encontros do sector”. Tras o seu paso por Fitur, o pasado mes de maio, a entidade expón agora en Barcelona a súa oferta no Salón Internacional de Turismo B Travel 2021, de man da Deputación, na xornada dedicada ao turismo industrial.

“Nós propoñemos un turismo industrial do presente”, sintetizou o presidente da Reserva, José Antonio Santiso, no inicio da súa intervención no evento, no que tamén falou Diego López, técnico de turismo da entidade. Mariñas Coruñesas propón o ecoturismo como piar da súa oferta, o que “en esencia supón promover accións na propia empresa local”, sostén a entidade. “Co ecoturismo queremos combinar a sustentabilidade coa nosa riqueza natural, xerando desenvolvemento económico no territorio”, relatou o presidente.

A proposta de ecoturismo, único destino en Galicia con esa certificación, é a formulación que a Reserva quere visibilizar “en todos os ámbitos turísticos posibles”. “Queremos facernos un oco como destino turístico desestacionalizado, tranquilo, vivencial e idóneo para pequenos grupos”, resumiu.