Volver a noticias

MELLORA E DIFUSIÓN DA BIODIVERSIDADE ASOCIADA ÁS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS ADHERIDAS Á MARCA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS

14/1/2022

Esta actuación está dirixida aos produtores adheridos á marca da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, con prioridade para aqueles de produción hortícola e de viñedos, consistindo na elaboración e instalación de, segundo as necesidades:

A súa fabricación baséase en materiais naturais, fabricados con produtos locais dentro dos límites da propia Reserva de Biosfera.

Instalaranse estes elementos para favorecer a biodiversidade agraria nas distintas explotacións, e a realización de visitas de avaliación para adaptar a colocación de refuxios a cada casuística particular. Ademais das visitas de avaliación e das propias instalacións in situ, os traballos complementaranse con fotografías das explotacións e un traballo de seguimento de resultados, que servirían para promocionar a marca e engadirlle valor.

Por outra banda, co obxectivo de reforzar a labor de concienciación e sensibilización vencellada á fauna autóctona, fundamentalmente con destino aos máis pequenos, realizaranse os seguintes materiais: