Volver a noticias

MOSTRA DO BRANCO LEXÍTIMO EN PADERNE

14/1/2022

O Concello de Paderne celebrou a V edición da Mostra do Branco Lexítimo, sendo un éxito de participación e contando con aspectos innovadores en canto á súa posta en escea.

Esta Mostra contou co apoio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, así como a intervención da Fundación Juana de Vega, o CSIC, o CFEA de Guísamo, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, etc., servindo para mellorar o coñecemento sobre a caste autóctona Branca Lexítima e a dar prestixio ao traballo levado a cabo para a súa recuperación.

Máis información: http://concellodepaderne.com/pages/MOSTRA-DO-BRANCO-LEXITIMO-2018