O tempo voa! Fai xa 7 anos que a UNESCO recoñeceu o noso territorio como Reserva da Biosfera!
Desde entón, traballamos en diversas iniciativas para impulsar o noso territorio, salientando grandes fitos como:
Creamos a nosa marca, á que se adheriron xa numerosos produtores e restaurantes que achegan á cidadanía produtos de calidade e proximidade.
Conseguimos que a Reserva fora declarada Destino de Calidade Turística SICTED.
Creamos a Asociación de Ecoturismo.
Formamos parte de proxectos de desenvolvemento como LifeWaterWay e Life Fluvial
Creamos a iniciativa de promoción do consumo ecolóxico nos comedores escolares, que forma parte do noso PlanAlimentario, polo que recibimos o distinguido premio MichelBatisse da UNESCO.
Entre outras cousas!
Agora, en tempos de COVID19, seguimos traballando para que os nosos restaurantes, produtores, aloxamentos e outras empresas vencelladas ao turismo poidan adaptarse e saír reforzados desta situación.
Para conseguilo, elaboramos un Plan de Actuación Turístico, co obxectivo de que a nosa Reserva sexa un destino seguro e sostible.
Xuntos e xuntas seguiremos desenvolvendo o noso territorio no plano económico e social, protexendo ao mesmo tempo a nosa natureza.