Volver a noticias

O Ministerio de Turismo premia o proxecto de envases take away en pulpa de cana de azucre dos Restaurantes da Biosfera

14/1/2022

• Mariñas Coruñesas entregou os recipientes entre os establecementos para promover a sustentabilidade e favorecer o servizo de comida a domicilio.
• A Reserva logra a distinción entre os 222 destinos españois.

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo recibe unha distinción a nivel España polo seu plan de combinar a sustentabilidade e a seguridade nos restaurantes da comarca asociados á súa marca de calidade. O pasado verán, #ante a incidencia da pandemia, a entidade coruñesa desenvolveu envases ecolóxicos para as accións de comida para levar, acordes co espírito de coidado ao medio ambiente que promove.

Os envases desenvolvidos son 100% biodegradables e 100% compostables, feitos integramente en pulpa de cana de azucre. Permiten á súa vez evitar os desperdicios de alimentos.
Este proxecto de Mariñas Coruñesas resultou segundo finalista na categoría de Mellor proxecto de mellora Sicted 2020, impulsados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. O Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos busca acreditar a calidade dos servizos turísticos.
No certame participan os 222 destinos da xeografía española. Turismo destaca que se tratou dunha iniciativa colectiva desenvolvida para a mellora da calidade integral do destino. O premio será entregado este mes no marco de Fitur.

A Reserva entregou aos restauradores dous modelos de envases: un de 1.000 ml e outro con capacidade de 1.400 ml. Son aptos para sólidos e líquidos a altas temperaturas, salsas… así como tamén para quentar no forno e microondas.

O presidente da Reserva, José Antonio Santiso, mostrouse moi satisfeito por unha “iniciativa innovadora que promove a calidade e a sostibilidade dúas nosos establecementos certificados”. Santiso apunta que “a funcionalidade e modelos foron consensuados co sector turístico, que apostou polo medio ambiente nun momento crítico, reforzando a mensaxe de Mariñas Coruñesas a prol do produto local e de tempada”.

Ademais, realizouse especificamente o deseño dunhas franxas promocionais personalizadas para cada un dos Restaurantes certificados actualmente, integrados coa Imaxe de Marca da Reserva de Biosfera, e co seu respectivo Código QR, para ter máis información sobre cada un dos establecementos. Estes deseños personalizados foron realizados polo ilustrador local Luís Galán.

Esta actuación conta co apoio e financiamento da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia.