Onte o Conselleiro de Medio Rural, José González, mantivo unha videoconferencia cos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e o Director Xeral de Agader, Miguel Ángel Pérez Dubois, para deseñar e levar a cabo medidas orientadas cara a reactivación social e económica do noso medio Rural.