Dende a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, coa colaboración do Grupo Naturalista Hábitat, estase a organizar unha actividade para o vindeiro domingo 5 de xullo de 2015 de 10 a 13 h en Arteixo.
Esta xornada forma parte dos tres obradoiros que se realizarán para dar a coñecer a biodiversidade da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e estará dedicada a Arteixo, onde visitaremos o contorno da Aula de Natureza , o encoro de Rexidoiro e o sistema dunar de Barrañán para coñecer de preto as especies de flora e fauna que alí se atopan, e
abordar a problemática das especies invasoras.
O punto de partida será na Aula da Natureza “Muíño Vello” (Travesía de Arteixo 309 – A (zona Centro de Saúde) ás 10 horas.