O cultivo das variedades locais e a procura de novos nichos de emprendemento é unha das liñas de traballo que a Asociación Mariñas Betanzos está a desenvolver no territorio.
Esta xornada que se celebrará o próximo luns día 13 de abril a partir das 9.30 horas da mañá no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, está deseñada co obxectivo de identificar as oportunidades que representan as producións de ecotipos locais de cebola para a xeración de iniciativas de emprendemento, ligadas á posta en valor das terras agrarias abandonadas.
Dirixida a persoas en situación de desemprego; propietarios de terras agrarias; produtores agrarios interesados en diversificar; outros interesados…..
Máis información e incricións de balde no 981 669 541 e/ou info@marinasbetanzos.gal
Preme para Descargar aquí o PROGRAMA