Volver a noticias

Os 30 produtores tradicionais das Mariñas suman 15 restaurantes ao seu proxecto

14/1/2022

«A marca Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é un distintivo que recoñece aos produtos agroalimentarios e servizos do territorio que ofrecen uns valores acordes co espazo no que se desenvolven».

Isto explican desde a entidade que impulsa este selo de calidade. A maior novidade na que veñen traballando desde finais do ano pasado é a incorporación de 15 restaurantes que levarán tamén esta marca. Para iso, entre outras cousas, eses locais ofrecerán produtos das Mariñas.

«As veces o restaurante e o produtor son veciños en non o saben», explica Miguel Fernández, técnico da Reserva da Biosfera. Por iso, empezaron a facer xuntanzas nas que dous ou tres produtores explicaban aos donos dos restaurantes o que cultivaban. Agora están pendentes da formación «dun segundo grupo de restauradores que teñen que cumprir unha serie de medidas como é o control enerxético das instalacións, o consumo de produtos locais ou ter na carta viños das Mariñas». Tamén están traballando na elaboración dun menú Reserva da Biosfera que ofertarían os restaurantes.

Os establecementos están nalgúns dos 17 concellos que forman parte da Reserva e poderán contar coa marca da mesma despois dun proceso que veuse freado pola pandemia.