O Concello de Abegondo e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo conmemoraron o Día da Terra cunha reforestación en Cullergondo. A iniciativa consistiu en plantar un bosque de ribeira xunto ao río no terreo municipal xunto á depuradora. A actuación levou a cabo por voluntarios da ONG Cooperación Internacional, da Coruña. Un grupo de mozos de entre 8 e 15 anos, cos seus monitores, plantaron carballos, bidueiros e acebos.