Volver a noticias

PRESENTACIÓN INAUGURAL EN BETANZOS DOS ENCONTROS “OUTONOS POLA IGUALDADE NA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO”.

14/1/2022

Hoxe luns ás 12 horas tivo lugar no Salón Azul do Liceo de Betanzos á conferencia inaugural dos encontros “OUTONOS POLA IGUALDADE NA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO”. Na conferencia estiveron presentes a Alcaldesa do Concello de Betanzos Dna. María Barral Varela, Dna. Susana López Abella. Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. D. José A. Santiso Miramontes. Presidente do Consello de Dirección da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. D. Roberto Barba Alvedro. Xuíz-Maxistrado Decano dos Xulgados de Betanzos. D. Jorge M. Blanco Ballón. Xestor da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Dna. Antía Pérez Caramés. Profesora na Universidade da Coruña e membro do Comité Científico da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Este acto serviu para presentar públicamente o ciclo de catro encontros, que se celebrarán nos concellos da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, e que teñen como obxectivo a sensibilización sobre o papel da muller, así como identificar os grandes retos para a igualdade no século XXI no medio rural, e coa intención de iniciar unha liña de traballo nos vindeiros anos dirixido á posta en marcha dun Plan de Igualdade para este territorio.

Pincha Aqui: cartel_outonos_pola_igualdade (1)