Volver a noticias

Programa de Voluntariado da Asociación Mariñas Betanzos. Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

14/1/2022

“Mariñas – Betanzos” está inscrita no censo de entidades de acción voluntaria de Galicia co número de rexistro O-605.
Obxectivos: Contribuir a promover o desenvolvemento do territorio, especialmente en zonas rurais e as actividades propias do sector agroalimentario: posta en valor de recursos ambientais, mellora sector forestal.

O persoal voluntario poderá participar nas actividades do Programa de Voluntariado da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, aprobado en Xunta Directiva para este ano 2015, e que se pode descargar no seguinte enlace:

PROGRAMA VOLUNTARIADO RESERVA BIOSFERA MCeTM

CONDICIÓNS PROGRAMA DE VOLUNTARIADO:
1. Os voluntarios/as desenvolveran a súa actividade no territorio de Mariñas – Betanzos, apoiándose na sede do GDR Mariñas – Betanzos sita no Concello de Abegondo.
2. O horario adaptaríase ás dispoñibilidades do voluntariado.
3. O persoal voluntariado terá a súa disposición os medios e recursos necesarios para desenvolver con éxito o seu desempeño.
4. As persoas voluntarias que participen nestes Programas serán reembolsadas dos gastos que poidan ocasionarlles esta actividade de voluntariado, exceptuando os gastos de desprazamento á sede da Asociación.
5. As persoas que participen nestes programas recibirán certificación da súa participación, como recoñecemento do seu valor social para que poidan incluílo no seu curriculum.
6. Poderán cesar libremente na súa condición de persoas voluntarias cando o desexen.
7. Todas as persoas voluntarias que participen no Programa estarán aseguradas polos riscos que poidan derivarse do exercicio da actividade voluntaria.

PARA PARTICIPAR COMO VOLUNTARIO/A NO PROGRAMA DESCARGA A SEGUINTE FICHA:

Preme neste enlace para DESCARGAR FICHA DE INSCRICIÓN