Carlos Boado, propietario do Caserío de Tión de Coirós, recibiu ao alcalde da localidade, Francisco Quintela, e ao presidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras de Mandeo, que lle entregaron uns envases ecolóxicos ideais para comida para levar
Con pulpa de cana de azucre están feitos os envases cento por cento biodegradables e compostables dos que lles falo. Os hostaleiros asociados á marca de calidade da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras de Mandeo necesitaban de recipientes ecolóxicos e desechables para a comida para levar, que desde que empezou a pandemia é un servizo que foi a máis. «Están a entregarse dous modelos, de 1.000 e 1.400 mililitros que son aptos para sólidos e líquidos a altas temperaturas e que se poden quentar no forno ou o microondas. A nosa marca de calidade debe promover servizos en harmonía co medio ambiente e con estes envases lógrase», destaca José Antonio Santiso, presidente da Reserva.