Volver a noticias

QUERES QUE A TÚA ENTIDADE FORME PARTE COMO SOCIO DO GDR 23 MARIÑAS BETANZOS?

14/1/2022

QUERES  QUE A TÚA ENTIDADE FORME PARTE COMO SOCIO  DO GDR  23 MARIÑAS BETANZOS?

ASOCIATE É MOI SINXELO!!!! Actualmente no se esixe cota de entrada.

GDR 23: ABEGONDO, ARANGA, ARTEIXO, BERGONDO, BETANZOS, CAMBRE, CARRAL, COIRÓS, CULLEREDO, CURTIS, IRIXOA, OLEIROS, OZA-CESURAS, PADERNE E SADA.

A Asociación Mariñas Betanzos (GDR 23) está formada polas administracións locais, as comunidades de montes veciñais en man común, as asociación e organizacións profesionais, as entidades sen ánimo de lucro, as asociacións culturais, de xóvenes, de veciños, deportivas…… e as organización profesionais agrarias con presenza no territorio do GDR.

Nestes momentos a Asociación Mariñas Betanzos conta con máis de 120 socios representantes do tecido social, económico e cultural do territorio, estando sempre abertos á entrada de novos socios que queiran colaborar e partipar no GDR, xa que canto máis diversa sexa a composición dos nosos asociados máis completa será a visión de realidade do territorio.

Informar que actualmente estamos iniciando o deseño e elaboración da Estratexia LEADER 2014-2020 para o territorio Mariñas Betanzos, que deberá ser coherente cos obxectivos e co Plan de Xestión da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (da que a Asociación Mariñas Betanzos é a entidade xestora).

Comezaremos a traballar coas diferentes mesas sectoriais nas que se agrupan todas as entidades socias da Asociación Mariñas Betanzos, co obxecto de presentarlles as principais novidades deste Programa e o proceso a seguir na elaboración desta Estratexia.

Se estás interesado/a en que a túa entidade forme parte activa e dinámica de todas as actividades que desenvolve a Asociación Mariñas Betanzos, podes informarte na Sede da Asociación en Abegondo ou ben chamando ao teléfono 981 669 541.

Dende aquí tamén podes descargar os modelos de solicitude para formar parte da rede de socios da ASOCIACIÓN MARIÑAS BETANZOS.

ASOCIATE