O próximo luns día 11 de abril, celebrase a reunión mensual da Xunta Directiva da Asociación Mariñas Betanzos, na que entre outros tema, trataranse:
- Resultados Plan de Acción de Lima para as Reservas de Biosfera (2016-2025)
- Programa LEADER 2014-2020. Convocatoria
- Proposta de modificación de Xunta Directiva e Estatutos da Asociación Mariñas Betanzos
- Lanzamento da Escola de Naturalistas Reserva de Biosfera
- Programa “Xuventude na Biosfera”. Liñas de Traballo.
- Marca da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
- Programación de actos de celebración do III Aniversario da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.