Volver a noticias

ROTEIRO INAUGURAL DO CAMIÑO MARIÑÁN

14/1/2022


“O CAMIÑO MARIÑAN”, está baseado nun antigo Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela, que o profesor Francisco Vales Villamarín describe nos anos 50 do pasado século, perdeuse a documentación, e unha vez atopada a finais dos anos 90, foi publicado no Anuario Brigantino en 2002, estudiado e dado a conocer pola Asociación de Custodia do Patrimonio Cultural “VEDOREIRA” no ano 2014.

Os peregrinos desembarcaban no porto de Fontán e de aquí marchaban a Betanzos para seguir logo camiño a Compostela. No ano 2017 os concellos de Sada, Bergondo e Betanzos acordan convertilo en Ruta Turística, e seguindo o estudio do ano 2014 ofértanse duas rutas. Unha en azul, que se corresponde co trazado orixinal, e unha en verde, que se corresponde co trazado alternativo do dito estudio. Esta antiga ruta será así reaprobeitada para uso cultural, paisaxístico, gastronómico, deportivo, etc. Para seguilo atoparán Vds. sinais coas cores azuis ou verdes e o logotipo, segundo que ruta sigan, tambén unhas brancas no chan con frechas de dirección roxas, nos tramos dubidosos.

O sábado 29 de setembro realizarase un roteiro polo “Camiño Mariñan” a saída será as 9 h da mañán no porto de Fontán. Ás prazas son limitadas e necesario apuntarse.

PINCHA AQUÍ Y APUNTATE:

folleto roteiro