Volver a noticias

SEMINARIO TÉCNICO DE CELEBRACIÓN DO DÍA DA REDE NATURA 2000 NA ANUALIDADE 2022

8/6/2022

Co gallo da celebración este ano do Día da Rede Natura 2000, dende a Asociación Mariñas-Betanzos, en colaboración co IBADER e EMALCSA, organizouse un seminario técnico para a difusión dos últimos resultados do proxecto LIFE Fluvial.

O evento, celebrado nas instalacións do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), tivo dúas partes diferenciadas.

Por unha banda, en horario de mañá, ademais da apertura institucional a cargo do director do CEIDA, o xerente territorial de Tragsatec para Galicia, Asturias e Cantabria, así como do presidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, se ofreceron os seguintes relatorios:

-          LIFE FLUVIAL. Actuacións de restauración en corredores fluviais. D. Javier Ferreiro da Costa. Investigador do IBADER (Universidade de Santiago de Compostela)

-          Actuacións de restauración en humidais asociados a corredores fluviais. D. Pablo Ramil Rego. Director do IBADER (Universidade de Santiago de Compostela)

-         Situación Actual do estado da fauna no Encoro de Abegondo-Cecebre e inventario histórico. D. Ricardo Ferreiro Sanjurjo. Presidente Grupo Naturalista Hábitat

-       LIFE On Machair: Protecting and restoring Ireland's network of machair systems and associated breeding wader and pollinator communities (intervención online). Presentación do proxecto a cargo de Javier Ferreiro (IBADER) con material proporcionado por Dna. Catherine Farrell (Trinity College Dublin, Natural Capital Ireland, Community Wetlands Forum)-

-          Xeración de planta para actuacións de restauración ambiental. D. Pedro Pablo Gallego Veigas. Catedrático de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo (Universidade de Vigo)

-          LIFE Insular: estratexia integral para a restauración de hábitats en illas Natura 2000 do océano Atlántico. D. José Antonio Fernández Bouzas. Director do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

-          Mesa redonda “Gobernanza en Rede Natura 2000 e Reservas de Biosfera”, coa participación de:

·         Dna. Teresa María Gutiérrez López. Directora do Organismo Autónomo Augas de Galicia

·         D. Carlos Gil Villar. Conselleiro Técnico Demarcación Costas A Coruña. Ministerio Transición Ecolóxica e Reto Demográfico

·         D. Ricardo Ferreiro Sanjurjo. Presidente Grupo Naturalista Hábitat

Por outra parte, xa en horario de tarde, os asistentes tiveron ocasión de realizar unha visita guiada polas zonas de actuación de LIFE Fluvial na provincia da Coruña, a ZEC  Encoro de Abegondo-Cecebre e a ZEC Betanzos-Mandeo.

O seminario contou coa inscrición dun total de 40 persoas, fundamentalmente do eido universitario, entidades ambientalistas e Administración local e autonómica.