Dende a Asociación Mariñas Betanzos, estase traballando no proxecto “Xestión Integrada da Zona Costeira na ría de Betanzos como ferramenta de desenvolvemento do Concello de Sada”. Iniciativa impulsada polo Concello de Sada, que conta co financiamento do Grupo de Acción Costeira “Golfo Ártabro”.Os obxectivos deste proxecto son: coñecer en detalle a situación do litoral da ría de Betanzos; liderar un proceso de definición de obxectivos entre todos os axentes implicados (turismo, medio ambiente, marisqueo, empresas, administración, etc.); promover a conexión social, a cooperación e a participación no proxecto; fomentar o aproveitamento sostible dos recursos naturais da ría, buscar sinerxías e complementariedades entre o sector turístico e o mariñeiro e promover a educación ambiental no litoral.
Dentro deste proxecto estánse a organizar unha serie de seminarios para dar a coñecer investigacións, proxectos, iniciativas sobre aproveitamento e xestión do litoral, tratando de crear un debate sobre futuras liñas de traballo e oportunidades. Estas xornadas desenvolveránse no Salón de Plenos do Concello de Sada entre os días 29 de maio e 5 de xuño, en horario de mañá e tarde.
Páxina web do Proxecto: https://xizcriadebetanzos.wordpress.com/
O primeiro destes seminarios celebrarase o próximo venres día 29 de maio entre as 10 e as 20 horas no Salón de Plenos do Concello de Sada. Xúntase como arquivo anexo o Programa.
Inscricións de balde (Prazas limitadas) no teléfono 981 669 541 e/ou info@marinasbetanzos.gal
Máis información e programa, preme no seguinte enlace: