O 13 de Agosto na sede da Reserva da Biosfera tivo lugar un taller de identificación de problemáticas do territorio da IXP Betanzos, dirixido a viticultores e técnicos no marco do proxecto ECOSPHEREWINES que busca a mellora dos servicios ecosistémicos e Infraestrutura Verde asociadas a zonas vitícolas.
Os viticultores tiveron a posibilidade de seguir profundizando no termo da Infraestrutura Verde da man de Nuria Freire da fundación Juana de Vega e profundar sobre a importancia de compoñentes da Infraestrutura tan importantes na viticultura como as coberturas vexetais que constitúen elementos esencias na paisaxe vitivinícola grazas a excelente ponencia do Dr Xavier Cancela experto nesta tématica.
Para finalizar fixemos unha análise das problemáticas da zona e as posibles solucións. Os resultados obtivos neste taller servirán para completar os datos recopilados a través de diferentes metodoloxías e así tener unha visión integral sobre as problemáticas da viticultura da zona e as dificultades de implementación dunha Infraestrcutura Verde que mellore os servizos ecosistémicos.
Moitas grazas a todos os que puidestes achegaros e aportar as vosas achegas.
#ECOSPHEREWINES,e un proxecto InterregSudoe Programme liderado pola FundaciónJuana de Vega e na que participamos xunto a ADVID, InstitutFrançais de la Vigne et du Vin, ITACyL- Instituto Tecnológico Agrario de Castilla y León, ITER Investigación, Universida de da Coruña, Universidadede Trás-os-Montes e Alto Douro, AECTDuero-Douro, y VignoblesOuest, además bodegas João Portugal Ramos e Pagos de Brigante.