Volver a noticias

Un centenar de pequenos do CEIP San Marcos visitan os bosques e o castelo de Santa Cruz en Educando na Biosfera

14/1/2022

O programa de educación ambiental “Educando  na  Biosfera” levou o venres a un centenar de alumnos do CEIP San Marcos a coñecer parte da contorna natural e patrimonial do territorio. É un plan que organiza o  Concello de Abegondo coa colaboración da Reserva de  Biosfera  As Mariñas Coruñesas e Terras  do  Mandeo.

Persoal técnico da Reserva desprazouse cos escolares ata o Castelo de Santa Cruz e a súa contorna. Alí visitaron o  CEIDA, onde viron esculturas realizadas con restos de lixo, coñeceron a flora da zona e participaron en contacontos.

O obxectivo do programa é levar a riqueza da Reserva aos centros educativos.