Volver a noticias

V ANIVERSARIO DE LA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

14/1/2022

Desde a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo queremos celebrar o noso quinto aniversario por todo o alto!

Para iso, deseñamos dúas xornadas:

➡️ 7 de xuño: ‘Posta en valor da marca Reserva de Biosfera’, con diferentes charlas sobre a nosa Reserva e os seus produtores, que se levarán a cabo no Castelo de Santa Cruz (Concello de Oleiros) e en Donín (Concello de Paderne). Haberá bus para o traslado! ?

➡️ 8 de xuño: no Xardín Botánico do Burgo (Concello de Culleredo), onde festexaremos os nosos cinco anos de vida, faremos unha plantación simbólica de árbores autóctonas ?, inaugurarase unha placa conmemorativa e degustaranse produtos locais.