Achegádevos o sábado 23 e o domingo 24 á Praza dos Irmáns García Naveira, en Betanzos, para degustar produtos das mariñas e asistir ás actividades que se farán de cociña de proximidade, talleres artesáns, animación musical, polvo…..
V edición, evento que está a consolidarse ano a ano e que pretende ser o escaparate dos produtos agroalimentarios de calidade que se están a producir e transformar nos 17 concellos que forman parte da Reserva de Biosfera «Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo».