Volver a noticias

V Semana de Custodia. Recuperando espazos naturais mediante a custodia do territorio.

14/1/2022

Co obxectivo de fomentar as iniciativas de protección do territorio, a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas–Betanzos, xunto coa Fundación Fragas do Mandeo, organiza a V Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, na que se desenvolverán conferencias e accións de voluntariado ambiental.
Esta quinta edición ten como eixo a recuperación de espazos naturais mediante a custodia. Coñeceremos as posibilidades de converter espazos degradados en humidais cheos de vida, protexendo pequenos espazos de grande interese ambiental para a fauna local. Descifraremos tamén a enorme variedade das árbores da bisbarra e dos seus diferentes requirimentos ambientais, para dotarnos da comprensión que nos permita acometer unha completa recuperación ecolóxica das fragas e dos bosques de ribeira. Para todo elo contaremos con expertos nestas materias procedentes do CSIC e da Universidade de Santiago de Compostela.

vsemanacustodiamarinhas_cartelecoregata

As actividades desenvolveranse desde o sábado día 17 ao domingo 25 de setembro. Para máis información pódese consultar o programa, e a páxina web da Fundación Fragas do Mandeo.

A participación é gratuíta, sendo imprescindible a inscrición previa para a reserva de praza a través do correo info@marinasbetanzos.gal ou do teléfono 981 669 541.

Cartel