Cúmprense seis anos dun fito para a comarca das Mariñas: a obtención da súa denominación como Reserva de #Biosfera por parte da UNESCO. As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo celebrou hoxe os actos conmemorativos. O Concello de Betanzos – Betanzos Tan Cerca foi o municipio que acolleu nesta ocasión a celebración, que reuniu a numerosos expertos no medio ambiente e representantes de todas as administracións.
Os actos comezaron con divulgación. Unha conferencia a cargo de Aquilino Miguélez, xestor da Reserva de la Biosfera de Lanzarote, serviu para dar a coñecer o traballo dun territorio co que As Mariñas está a traballar de xeito conxunto e que xa ten 25 anos de bagaxe.
Logo, no cinema Alfonsetti, chegou o acto central, de carácter institucional. Choveron os eloxios para o traballo desenvolvido pola Reserva coruñesa no seu seis anos de vida.
O presidente e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, admitiu sentirse moi orgulloso. “Creo firmemente no que se está a facer, demostramos que o noso territorio é o noso gran valor e unha fonte de oportunidades de desenvolvemento”.
A alcaldesa de Betanzos, María Barral, asegurou que a súa Concello “estará sempre disposto” a incrementar a colaboración coa Reserva. Encomiou o traballo técnico e do Consello de Dirección co presidente á fronte.
Marta Rey, directora da Cátedra INDITEX-UDC de Sostibilidade defendeu que a sustentabilidade non está rifada coa competitividade, poñendo de exemplo os logros das Mariñas Coruñesas no seu por agora ciclo curto de vida.
O Programa Escolar “Educando na Biosfera” tivo o seu oco no acto. Alejandro Sánchez, director do CEIP Vales Villamarín, explicou o traballo que se está desenvolvendo cos nenos.
Pola súa banda, Antonio San Blas, xestor da Reserva Mundial de la Biosfera LA PALMA, coa que está irmandada As Mariñas, avogou pola colaboración entre reservas como factor diferencial para o seu avance.
Francisco Cantos, Xefe de Área de Relacións Internacionais e Reservas de Biosfera do Organismo Estatal Parques Nacionales, tivo palabras moi bonitas para a Reserva coruñesa. Cualificou a súa actividade como “frenética” e fixo fincapé no premio Michel Batisse que a Unesco lle acaba de conceder polo plan alimentario e destacou a importancia de poder presentalo este mes en París para que sirva “de escaparate e de exemplo” para outros territorios do planeta.
En representación da Xunta de Galicia acudiu Cristina Carrión, xefa territorial de Medio Ambiente. Enxalzou a importancia da Reserva na rede galega que se acaba de crear.
Ao acto acudiron numerosos alcaldes, concelleiros, e representantes de entidades que forman parte da Reserva.
En representación da Xunta de Galicia acudiu Cristina Carrión, xefa territorial de Medio Ambiente. Enxalzou a importancia da Reserva na rede galega que se acaba de crear.
Ao acto acudiron numerosos alcaldes, concelleiros, e representantes de entidades que forman parte da Reserva.