Volver a noticias

VII Semana da Custodia do Territorio na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

14/1/2022

O programa deste ano xirará en torno á biodiversidade, tocando temas pouco coñecidos, pero que teñen moita importancia á hora de conservala. Nas xornadas de voluntariado actuaremos directamente frente aos graves problemas ambientais, as especies exóticas invasoras e o lixo que acaba nos ríos e o mar.

A Semana organízase conxuntamente entre a Asociación Mariñas-Betanzos e a Fundación Fragas do Mandeo.

Para apuntarte nas actividades, por favor, ponte en contacto coa organización no teléfono 981 105 903 ou envía un correo electrónico a correo@fragasdomandeo.org cos teus datos (nome completo, DNI, data de nacemento, móbil y actividades nas que queres participar). Deste modo terás un seguro de accidentes, recibirás indicacións detalladas por adiantado e facilitarás a organización.

Entre as actividades programadas están: Eco-regata na ría de Betanzos, Voluntariado no Mandeo, Xornada sobre a biodiversidade da comarca, Xornada de limpeza simultánea de ríos.

Como acto central da Semana están programadas un conxunto de charlas titulado Miradas sobre a biodiversidade local que debemos custodiar.

Descargar Programa