Volver a noticias

VII xornadas baixo a iniciativa “Especie do Ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo“

14/1/2022

Neste 2020 centran a súa atención nun singular e benquerido animal ligado ás nosas masas de auga: a Lontra (Lutra lutra). Deste xeito, e ao longo de dúas sesións de conferencias, as xornadas pretenderán achegar á cidadanía o coñecemento e a posta en valor dos mamíferos semiacuáticos en xeral, e da lontra en particular.

As xornadas, de balde e abertas ao público, se celebrarán en formato online os vindeiros venres 23 e sábado 24 de outubro, a través da sala de videoconferencias do G.N.Hábitat. Para a participación nas xornadas é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa).

O G.N.Hábitat confirmará as prazas vía email, utilizando a dirección de correo electrónico que fose indicada polo interesado na súa inscrición. As comunicacións de confirmación de praza incorporarán as ligazóns correspondentes ás salas de videoconferencia, a través das cales se poderá gozar dos relatorios.

Finalmente, tamén no marco da iniciativa “Especie do Ano” (en marcha dende o pasado ano 2014), desenvólvese en cada campaña un tríptico informativo sobre a especie elixida. Proximamente poñeremos a disposición en formato pdf o correspondente á especie do ano 2020.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Podes descargar o cartel co programa completo das xornadas na seguinte ligazón:

https://gnhabitat.org/xornadas-sobre-a-lontra-especie-do-ano-2020-na-rbmcetm/

Podes descargar o Tríptico :

Tríptico lontra_Especie do Ano 2020 na RBMCeTM