Xornada organizada desde a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, entidade xestora da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Celebrarase o vindeiro Xoves 27 de Novembro, na sede da Fundación Juana de Vega (http://www.juanadevega.org/es/), en San Pedro de Nós (Oleiros).
Esta Xornada debe servir para que, entre todos os axentes implicados na xestión forestal e a cadea da madeira, se analice a viabilidade e se identifiquen as oportunidades de promover un mercado de biomasa forestal como recurso enerxético, no territorio que conforma a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Esta xornada tamén debe servir para identificar as oportunidades de emprendemento ligadas a unha mellor xestión e valorización da biomasa forestal.
Preme para descargar o Programa.
PRAZAS LIMITADAS: agradeceríamos nos faga chegar a súa solicitude de inscrición antes do martes 25 de Novembro.
Pode facernos chegar a súa solicitude a info@marinasbetanzos.gal, ou ben, no teléfono 981 669 541.