O vindeiro luns 5 de xuño achégate connosco á xornada de relatorios sobre “A paisaxe agraria galega e a biodiversidade“, que vimos de organizar con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente. Nela prográmanse interesantes conferencias, así como a presentación pública da recentemente editada “Guía para a conservación da biodiversidade agraria de Galicia“, que contou coa colaboración do G.N.Hábitat e outras entidades.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar en horario de mañá de 10 a 13:30h no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo -CIAM- (ver localización no mapa). Así e todo, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
Acceso ao formulario de inscrición
A xornada está especialmente dirixida a:
As prazas son limitadas. En calquera caso, seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.