Volver a noticias

XORNADA DE PRESENTACIÓN PARA TRABALLAR EN CONXUNTO BAIXO A FIGURA DA RESERVA DE BIOSFERA

14/1/2022

Técnicos municipais dos 17 Concellos da Reserva de Biosfera, Concelleiros e empresariado turístico do territorio, participaron o martes  20 de xullo na Xornada de Presentación para traballar en conxunto baixo a figura da Reserva de Biosfera, no eido da homoxeneización de enquisas e a monitorización turística en tempo real.

Tamén participou o profesor da Universidade da Coruña, Carlos Rodríguez Carro, representando a un equipo multidisciplinar.

Trátase de mellorar a calidade e competitividade turística de Mariñas Coruñesas, como Primeiro Destino de Ecoturismo certificado de Galicia.

Neste proxecto colabora a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, a través do Programa Leader e a Universidade da Coruña.