Volver a noticias

Xornada de voluntariado o sábado 22 de agosto con Fragas do Mandeo

14/1/2022

O sábado 22 de agosto, a Fundación Fragas do Mandeo coa colaboración da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, organiza unha xornada de voluntariado para a reforestación con carballos dunha parcela situada ao pé da ermida da Espenuca. O punto de encontro será o Centro de Saúde de Betanzos, ás 9:30 horas, con previsión de regreso ás 14:00 horas.

Se queres participar, apúntate antes do venres día 21 enviando un correo cos teu datos (nome completo, DNI, data de nacemento e móbil) a correo@fragasdomandeo.org. Os participantes contarán con seguro de accidentes.

Se podes, leva unhas luvas de coiro e unha pala plana de xardineiro. Non esquezas vestir un calzado axeitado para andar polo monte.