Volver a noticias

Xornada INFRAESTRUTURA VERDE DA ÁREA METROPOLITANA DA CORUÑA

14/1/2022

O vindeiro 27 de outubro ás 10:00 h. celebrarase no auditorio da Fundación Barrié na Coruña, a xornada Infraestrutura Verde da Área Metropolitana da Coruña.

Nesta xornada presentaranse as liñas básicas do Sistema de Infraestrutura Verde da Área Metropolitana da Coruña no que está a traballar a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación Territorial a través do Instituto de Estudos do Territorio, en colaboración coa Escola Galega da Paisaxe, o Instituto Tecnolóxico de Galicia, a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Este sistema enmárcase na Estratexia de infraestrutura verde de Galicia como exemplo da forma de integrar e conectar a infraestrutura verde de diferentes tipos de ámbitos territoriais, urbanos e rurais, demostrando como as cidades poden acadar unha profunda afinidade coa natureza.

A xornada será o punto de inicio do proceso participativo do proxecto, que levará a cabo actividades, obradoiros e talleres ao longo do ámbito territorial da iniciativa para facilitar a integración de propostas, ideas e comentarios de administracións públicas, entidades privadas e poboación en xeral.

Se está interesado/a en acudir ao acto, pregamos confirme a asistencia, dado que o aforo é limitado, mediante o correo electrónico a secretaria.iet@xunta.gal ou no teléfono 981 541 755 / 981 541 756, ou se o prefire tamén pode enviarnos un correo a info@marinasbetanzos.gal ou no teléfono 981 669 541.

Para máis información pode consultar o Programa