Volver a noticias

Xornada: O Legado Romano na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

14/1/2022

O próximo xoves día 30 de abril de 2015 a partir das 9.30 horas celebrarase no Centro Etnográfico do Mandeo, na parroquia de Teixeiro, Concello de Curtis unha xornada sobre o Legado Romano na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, organizada conxuntamente polos GDR Ulla Tambre Mandeo e o GDR Mariñas Betanzos, entidade xestora da Reserva da Biosfera e que ten como obxectivos:

– Dar a coñecer o patrimonio cultural e etnográfico da Reserva da Biosfera.

– Aspectos técnicos de estratexias de recuperación e posta en valor.

– Identificar posibles proxectos a acometer no futuro

– Difundir as oportunidades da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” e a súa estratexia de conservación dos recursos naturais e patrimoniais.

As inscricións son de balde no 981 669 541 e/ou info@marinasbetanzos.gal
Preme no seguinte enlace para descargar o Programa

PROGRAMA